Data de inscripción: 14 de novembro de 1992 no rexistro de clubes, federacións e entidades deportivas da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia
Presidentes
A FEDERACIÓN GALEGA DE KUNG-FU, estuvo Presidida e Xestionada polas seguintes persoas:
Javier Gallego Otero, presidiu durante a fase de constitución e recoñecemento da Federación, 1986-1990
Jorge A.Cebreiros Arce, 1990-1998
Presidente actual: Carlos Alonso Martínez, dende 1998
Obxeto e Institucións
A FEDERACIÓN GALEGA DE KUNG-FU depende das seguintes Institucións:
- Xunta de Galicia
- Consellería de Cultura e Deporte
- Dirección Xeral para o Deporte (www.deportegalego.eu)
A FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU é unha entidade privada, de utilidade pública, sen ánimo de lucro, e o seu ámbito de actuación estendese a Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento das competencias que lle son propias, estando integrada polos clubes deportivos, deportistas, técnicos, adestradores, xuíces e árbitros adicados á práctica do deporte do Kung-Fu e o Tai Chi.
A FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU, ademais das súas propias atribucións, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo actuando como axente colaborador da Administración pública.
A FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU organízase orgánica e funcionalmente de forma democrática e representativa, con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas pola Lei e disposicións vixentes, e pode adquirir, para os seus propios fins, bens de todas clases, mobles e inmobles, contratar y obrigarse para o cumprimento das súas finalidades e está suxeita ás súas propias responsabilidades.
A FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU ten como obxeto social promocionar, dirixir e ordenar exclusivamente dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concorrentes das distintas Administracións Públicas, as actividades propias da súa especialidade deportiva, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, e rexerase polos seus Estatutos e Regulamentos e polas disposicións que dicte a Xunta de Galicia e, supretoriamente, a Administración do Estado.
A FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU é a única competente dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regulamentar, organizar, xestionar e controlar as competicións oficiais de KUNG-FU.
A FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU, dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das súas actividades propias de goberno, administración, xestión e organización, exercerá, baixo a coordinación e tutela da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:
- A promoción e divulgación do Kung-Fu e o Tai Chi en tódalas súas facetas.
- Encouzar ós deportistas a que canalicen a súa actividade á práctica do Kung-Fu e o Tai Chi mediante os oportunos cursos de iniciación, formación e perfeccionamento.
- Respaldar técnica e administrativamente a práctica do Kung-Fu e o Tai Chi, velando ante os Organismos competentes polo apoio a esta especialidade deportiva dentro de Galicia.
- Cualificar e organizar, no seu caso, as actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico galego.
- Exerce-la potestade disciplinaria sobre os integrantes da Federación nos termos previstos pola Lei.
- Exerce-lo control das subvencións que asignen ás Asociacións e Entidades Deportivas nas condicións que fixe a Dirección Xeral para o Deporte.
- Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
- Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación vixente.
Os actos realizados pola FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante o órgano competente da Consellería de Cultura e Deporte.
O domicilio social da FEDERACION GALEGA DE KUNG-FU establécese na localidade de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (Casa do Deporte).




